SanidadeÚltima hora

Novo positivo por Covid relacionado co brote da Rúa, que chega aos 11 afectados

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O brote de Covid da Rúa suma 11 afectados, tras confirmar a Consellería de Sanidade un novo positivo vinculado a el. Trátase dunha muller de 48 anos.

Tamén suma 11 casos o brote de Verín relacionado cun encontro familiar (notificado o 30 de agosto) que pasa de 10 a 11 positivos, tras o diagnóstico positivo dunha muller de 81 anos.

Por outra banda, o brote de Ourense de orixe social con 5 casos positivos (do que se informou o venres 4 de setembro) ascende a 6 afectados, cun novo caso dun home de 63 anos.

Ademais o brote familiar de Riós (+ Castrelo do Val) ascende a 14 afectados ao sumar un positivo máis, unha muller de 53 anos.

Finalmente, o brote familiar detectado no concello de Pereiro de Aguiar sobe a 4 casos positivos, co diagnóstico dun home de 59 anos.

En todos estes brotes “continúa activo o seguemento dos contactos estreitos”, indica Sanidade. Así mesmo, a consellería pide novamente “prudencia a toda a poboación, especialmente en xuntanzas e celebracions, principal orixe dos novos casos que se a detectan”.

Artigos relacionados

Back to top button