Monográfico Entroido 2012Monográficos

Novo punto de partida

O desfile de comparsas do Martes de Entroido na Rúa, sairá este ano dende a cooperativa V. das Viñas
Foto: Mónica G. Bellver
Foto: Mónica G. Bellver

O desfile do Martes de Entroido, que cada ano centra a programación no concello da Rúa, preséntase este ano con máis dun cambio. O primeiro será o punto de saída para as comparsas participantes. Tal como adiantou o alcalde da Rúa Avelino García Ferradal, este ano en lugar de saír dende a estación de autobuses, as comparsas farano dende a cooperativa Virxe das Viñas, para continuar o percorrido polas rúas Campograndes, Progreso e Doutor Vila, rematando na praza da Estación.

“É un traxecto un pouco máis longo pero pensamos que pode estar ben” di Avelino, explicando o segundo cambio deste ano: “a idea que temos é eliminar os premios en metálico que se viñan entregando os anos anteriores e no seu lugar daremos unha axuda á participación e un trofeo ou agasallo á mellor comparsa”.

Dende o Concello tamén esperan poder organizar algunha actividade máis ese mesmo día, despois do desfile, especialmente pensado para os participantes na festa “un baile ou algo así para que queden no pobo” explica o alcalde.

Se todo se desenvolve segundo o previsto, o resto da programación segue máis ou menos igual. O Xoves de Comadres, será a noite que as mulleres aproveiten para saír de cea e desfrutar sen complexos dos privilexios que lle dá a festa, xa que ese día “elas son as que mandan”.

Texto e foto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Especial Entroido de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button