En portadaÚltima hora

Nova repunta no Hospital de Valdeorras con 8 pacientes ingresados por Covid

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que lixeiramente, mantense o incremento no número de ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 2 de decembro), son 8 as persoas hospitalizadas en planta, unha máis que onte. No caso do Hospital de Verín mantén 2 ingresos (os mesmos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 30 en planta (2 menos que onte) e 6 (os mesmos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos.

Con respecto aos casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, segundo os datos notificados pola Consellería de Sanidade, rexístranse 450 positivos (1 máis que onte), mentres as hospitalizacións en planta son 40 e 6 na UCI. Os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas repuntan a 41 (fronte aos 16 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.610, con 6.865 curados e 294 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 116.635 probas PCR e 65.009 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button