Galerías de fotosÚltima hora

Novo susto polo lume na Rúa

Dous días despois do incendio no que ardía unha finca ao pé das casas no Barrio, A Rúa volvía vivir outro gran susto por mor do lume. En torno ás nove e media da noite do domingo 15 de outubro, as chamas poñían en vilo aos veciños de Somoza, máis concretamente da zona de Pedrazais. Finalmente e grazas o labor dos Bombeiros de Valdeorras entre outros, o lume era controlado e extinguido sen ter que lamentar danos persoais.

Só unhas horas despois, xa de madrugada, a vila e toda a provincia amencían cubertas de fume debido aos numerosos incendios que asolan Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button