BaloncestoDeportesÚltima hora

Novo triunfo do Toyota Antelopes de Lucas Mondelo na Japan WLBL

Polo de agora o club que dirixe este técnico de orixe valdeorresa lidera a clasificación da liga nipona, a falta dun partido para a fin da primeira volta

Lucas Mondelo celebrando a vitoria co seu equipo, o Toyota Antepoles./ Imaxe: Toyota Antelopes.

 

A falta de dous partidos para o remate da primeira volta na Japan WLBL, o Toyota Antelopes que dirixe Lucas Mondelo, técnico de orixe valdeorresa e seleccionador español de baloncesto feminino absoluto, encabeza a táboa.

Nesta fin de semana este equipo xaponés xogaba dous partidos contra o Denso Iris, no primeiro encaixaba a súa primeira derrota da tempada (cun marcador de 68-73), mentres que no segundo encontro, disputado na mañá deste domingo 25 de outubro, o equipo de Mondelo vencía cun resultado de 75-63.

 

Lucas Mondelo, dándolle instrucións ás xogadoras do Toyota Antelopes, durante un partido./ Foto: Toyota Antelopes.

Artigos relacionados

Back to top button
Close