OurenseÚltima hora

O novo Xulgado de Primeira Instancia de Ourense xa está a funcionar

Esta nova unidade súmase ás catro que arrancaron a súa actividade en Vigo, A Coruña e Ferrol
Edificio dos Xulgados en Ourense.

No día de hoxe, 31 de xaneiro, comexou a funcionar con plena normalidade o Xugado de Primeira Instancia nº7 de Ourense, do que se veu anunciando hai un mes a súa apertura.

Esta nova unidade arrancou hoxe a súa actividades xunto aos outros tres novos xulgados en Galicia, concretamente o Xulgado de Primeira Instancia nº15 (Xulgado de Familia), en Vigo; o Xulgado do Social nº6 da Coruña; e o Xulgado de 1ª Instancia nº6 de Ferrol.

Dende a Xunta informan que aos novos Xulgados incorpóranse hoxe 31 persoas, que sumadas ás xa incorporadas na Fiscalía e Imelga, tanto na sección de medicina forense como nos equipos psicociais, suman un total de 84 novos funcionarios xudiciais nos Xulgados galegos nos últimos 3 anos.

A Vicepresidencia salienta que Goberno galego volverá a solicitar, de cara a este ano máis unidades xudiciais para a nosa comunidade tan pronto as outorgue o Ministerio de Xustiza, facendo así un esforzo orzamentario para a súa posta en marcha, e sempre ca premisa de que unha xustiza mellor dotada sempre é máis eficaz, o que redunda nun mellor servizo aos cidadáns galegos.

Artigos relacionados

Back to top button