SanidadeÚltima hora

Novos brotes de Covid no concello de Ourense e en Barbadás

 

Seguen incrementándose os brotes de Covid-19 no concello de Ourense. Así, nesta tarde a Consellería de Sanidade vén de notificar un novo gromo que afecta a un grupo 6 de mozos con vínculos de amistade. Catro mozos de 25, 26, e dous de 23 anos e dúas mozas de 25 anos.

Ademais a consellería indica, xunto a este brote, “detectáronse dende onte ata 6 brotes de carácter familiar con tres afectados, habitualmente os correspondentes ao núcleo de convivencia, polo que unha vez máis lembramos non descoidar as medidas de prevención, distanza de seguridade, máscara e hixiene de mans, especialmente no contacto con familiares de idade avanzada, patoloxías crónicas ou inmunodeprimidos, para limitar riscos de contaxio”.

Por outra banda, vén de detectarse un novo brote no concello de Barbadás de orixe familiar, con 6 afectados: un home de 74 anos, catro mulleres de 40, 74, 44 e 39 anos e un menor.

Actualización de datos en brotes xa activos

Dende Sanidade tamén se informa de que o brote de 4 casos (2 mulleres de 41 e 56, un menor, e un home de 84 ingresado) comunicado este martes en Verín, ascende a 5 afectados co diagnóstico dun home de 87 anos.

Así mesmo, o brote familiar do concello de Riós que afecta a 4 persoas (3 mulleres de 77, 44 e 74 anos e un home de 80) ascende a 5 co diagnóstico dun home de 67 anos.

Tamén en Ourense o brote que ascendeu a 5 afectados este mércores (4 mulleres de 34, 29, 44 e 20 anos, mais dous menores) sobe agora a 6 cunha muller de 33 anos.

En todos estes brotes continúa activo o seguemento dos contactos estreitos. “De novo lembramos a importancia de respectar as medidas de prevención, especialmente en xuntanzas e celebracions, principal orixe dos gromos que se están a detectar na nosa provincia”, insiste Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button