DeportesÚltima hora

Novos Cinto Negro e ascensos de grao no Ourense Judo Club Marbel

12 membros do club superaron con éxito os exames nas modalidades de judo e jiu jitsu

 

Marcados polas normas de hixiene e seguridade que marcan os protocolos federativos con respecto a aforo, distancias e uso obrigatorio de máscara, se elebraron este sábado 19 de setembro os exames de paso de grao e Cinto Negro nas modalidades de judo e jiu jitsu ante o tribunal autorizado pola Federación Galega, que 12 membros do Ourense Judo Club Marbel superaban con éxito.

Na modalidade de judo, Odilo Fernández Fernández e Antonio Fernández Martín conseguían o Cinto Negro 1º Dan, mentres que Manuel Souto Salgado, Christian Álvarez Fernández e Celso Enríquez SanMamed ascendian ao 2º Dan.

En jiu jitsu, Oliver Balvís Rodríguez, Alberto Nieto Pérez, José Antonio Mantiñán Mosquera e Rubén Gómez Gómez lograban o Cinto Negro 1º Dan; Tamara Silva Cid, Ana Fernández Moráis e Christian Álvarez Fernández ascendían ao 2º Dan e Miguel Ángel Pardavila Iglesias ao 3º Dan.

“Excelente nivel mostrado polos alumnos. Todo un orgullo para un club que segue crecendo, malia os problemas e restriccións dende a orixe da pandemia”, aseguran dende o ximnasio.

Fotos: Ourense Judo Club Marbel

Artigos relacionados

Back to top button