Entre os últimos congresos locais celebrados polo PP de Ourense na comarca de Valdeorras están os de Larouco e A Veiga. O primeiro deles tiña lugar o pasado 31 de marzo e nel resultaba elexido como presidente local do PP de Larouco Joaquín Bautista Prieto, quen recibía o apoio unánime dos compromisarios na votación, celebrada na Casa-Escola Salón de actos municipal.
Bautista Prieto, tras agradecer o apoio recibido, desgranaba no seu discurso os obxectivos marcados pola xunta local deste partido en Larouco para os vindeiros anos: “mellorar os servizos básicos e construír algunhas vivendas de protección para atraer novos veciños ao noso municipio. Ademáis, queremos facilitar e fomentar a implantación de empresas, para poder consolidar emprego e actividade económica”. Joaquín Bautista Prieto Rodríguez tamén lembrou obras pendientes e necesarias, “como son cubrir a pista polideportiva de Freixido e o abastecemento e saneamento de Seadur”.
Por outra banda, na tarde do 12 de abril o recinto feiral do Toural, na Veiga, acollía o congreso local do PP, no que accedía á presidencia do partido Juan Anta Rodríguez, co respaldo do 100% dos compromisarios participantes. O novo presidente local electo, avogado de profesión e con 31 anos de idade, agradeceu esta mostra de confianza e destacou como un dos seus principais retos “reconstruir e reagrupar o partido, situando A Veiga por riba das persoas e das ideoloxías”. Así, Juan Anta Rodríguez situou ao benestar dos veciños de A Veiga como máximo obxectivo nestes vindeiros anos. “E, sobre todo, non perder a ilusión de que A Veiga siga sendo o paraíso que é, conseguindo atraer xente e empresas que se establezan aquí e poder asentar poboación e riqueza no municipio”.
En ámbolos dous congresos contouse coa presenza do PP de Ourense, Manuel Baltar.