OurenseÚltima hora

Novos desvíos de tráfico dende mañá, 1 de setembro, polas obras na rúa Marcelo Macías (Ourense)

Manterase o servizo de carga e descarga, o acceso a aparcamentos de residentes e o tránsito peonil

Obras na calle Marcelo Macías. / Foto: cedida.

 

A nova fase das obras na rúa Marcelo Macías de Ourense fai necesario realizar cambios dos desvíos no tráfico a partir de mañá, día 1 de setembro. Para seguir avanzando nos traballos, que consisten na pavimentación do tramo entre a avenida de Portugal e a glorieta do Olivo (puntos quilométricos 0+400 a 1+200), xa se está a sinalizar o corte da rúa e os desvíos que se habilitarán para autobuses e vehículos lixeiros.

Os novos desvíos e cortes estanse a realizar en coordinación co Concello de Ourense e a Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Mentres se acometan estas actuacións, si se manterá o servizo de carga e descarga e o acceso a aparcamentos de residentes. Neste sentido, abrirase un carril dende a rotonda do Olivo sentido entrada á cidade que se irá modificando segundo o avance dos traballos. Ademais, habilitaranse zonas e carga e descarga próximas aos establecementos que tamén variarán en función das obras. Tamén manterase o tránsito peonil polas rúas opostas ás que se estea traballando.

As obras en Marcelo Macías, cun investimento por parte da Xuna de Galicia de 1,7 millóns de euros, permitirán a renovación do firme e dos servizos así como a mellora das beirarrúas e da iluminación da ponte sobre o Barbaña. As actuacións incrementaron o custo do proxecto inicial polo que se fixo necesario un compromiso de cofinanciamento do 30% por parte do Concello de Ourense. Esta primeira fase terá unha duración aproximada dun mes, condicionada sempre pola climatoloxía e a dureza do terreo.

 

Desvío provisional do tráfico de buses. / Foto: cedida.

 

Desvío provisional do tráfico de vehículos lixeiros. / Foto: cedida.

 

Desvío provisional do tráfico de vehículos lixeiros. / Foto: cedida.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button