CulturaCulturaÚltima hora

Novos eventos culturais en Ourense esta semana

As actividades inclúen unha sesión de jazz, unha obra de teatro e un concerto de música tradicional galega

Actuación de Tor Folk. / Foto: cedida.

 

A Consellería de Cultura do Concello de Ourense continúa coa programación do “Verán Cultural”, un proxecto que durará ata o mes de setembro e que ofrece aos cidadáns unha variada axenda de actividades culturais e de ocio. Esta semana, están programados unha sesión de jazz en directo no Centro Comcercial Ponte Vella, unha obra de teatro a cargo da compañía “Telón Corto” e un concerto de música tradicional galega na terraza do Auditorio. As actividades son gratuítas e están dirixidas a todos os públicos. O Concello recomenda acudir con antelación e insta tamén ao cumprimento de todas as medidas e protocolos sanitarios, derivados da pandemia do coronavirus.

Mércores 29 de xullo, ás 20:30h, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella

Concerto de jazz en directo a cargo do pianista e compositor do Carballiño, Alfonso Medela Trío e da vocalista Diana Tarín.

Xoves 30 de xullo, ás 20:30h, na terraza do Auditorio (rúa Canle)

Espectáculo de Superclown da compañía “Telón Corto”, unha proposta de teatro musical coa que se quere concienciar da importancia da reciclaxe na nosa vida diaria. Catro personaxes, héroes e pallasos, a través da interpretación, van tendendo pontes cara a reciclaxe.

Venres 31 de xullo, ás 20:30h, na terraza do Auditorio (rúa Canle)

Actuación de Tor Folk. Os irmáns Félix e Castor Castro, Xosé Liz e Álvaro Iglesias xúntanse despois de quince anos para un repertorio de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior.

Durante esta semana, tamén permanecerán abertos o Museo Municipal de Ourense, a sala Ángel Valente, o espazo expositivo Arturo Baltar e o Claustro de San Francisco.

Artigos relacionados

Back to top button