ConcellosÚltima hora

Novos pasos a prol da declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

Baltar, solicitoulle ao Valedor do Pobo, Julio José Fernández Rodríguez, que se sume á coordinación de todas as entidades, públicas e privadas, que están a traballar a prol desta candidatura

baltarvaldeor

As Deputacións de Lugo e Ourense continúan a traballar a prol da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade da Unesco. Tralos apoios acadados xa dos municipios, deputacións, Parlamento e Xunta de Galicia, así como das Cortes Xerais, o presidente provincial Manuel Baltar fará chegar ao presidente da Deputación de Lugo a súa proposta de convenio, na que incluirá ao Valedor do Pobo, José Julio Fernández, e cuxo obxectivo e formalizar as adhesións dos concellos, deputacións e os gobernos autonómico e estatal para acadar unha candidatura conxunta e forte que permita establecer as directrices de actuación institucional para que a designación da Ribeira Sacra sexa un éxito.

Neste senso, xa está a traballar un grupo de expertos e científicos, coordinados pola Oficina do Valedor do Pobo, dos ámbitos da historia, a economía e o medio ambiente, así como organizacións ecoloxistas, que serán os encargados de elaborar os informes técnicos da candidatura que optará a acadar para a Ribeira Sacra a distinción de Patrimonio da Humanidade, tal e como se informa dende a Deputación de Ourense.

Estes acordos chegan tralo encontro mantido na primeira semana de novembro entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o Valedor do Pobo. Hoxe mesmo 13 de novembro, o presidente provincial, Manuel Baltar, deu conta ao seu homólogo de Lugo destes avances, e esta mesma semana Baltar remitiralle a Gómez Besteiro a súa proposta de protocolo de colaboración, unha vez analizada a da Deputación de Lugo, proposta na cal Baltar incluirá ao Valedor do Pobo.

Texto: O Sil/Redacción

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button