DeportesÚltima hora

Novos podios para os orientadores do Peña Trevinca O Barco

Tres primeiros e tres terceiros no Campionato Galego de Relevos que pechou a tempada de orientación
Membros do Club Peña Trevinca O Barco no podio.
Membros do Club Peña Trevinca O Barco no podio.

A sección de orientación do Club Peña Trevinca O Barco vén de poñer o broche a unha exitosa tempada cos podios conseguidos no Campionato Galego de Relevos celebrado no CUVI (Vigo).

Na categoría infantil subían ao alto do caixón Milagros Aller, Alba Osorio e Raúl Nogueira. Nesta mesma categoría conseguían o terceiro posto Iago Trigo, Juan Pablo Agudo e Esther Agudo.

Estes resultados, xunto ao ascenso á segunda división nacional e o incremento do número de licenzas coas que compite o club (tanto en categorías de formación como de adulto) o balance final da tempada 2015 para o club barquense é “altamente satisfactorio e serve de estímulo para seguir traballando na difusión deste deporte”, aseguran dende o Peña Trevinca.

Artigos relacionados

Back to top button