ConcellosÚltima hora

Novos rostros á fronte da organización do VIII Barathón de Trives

Aarón Álvarez Corrales e Jacobo Caneda Álvarez, ambos ligados á hostelería na localidade, estarán á fronte da organización desta cita que se celebrará na Semana Santa

Na próxima Semana Santa terá lugar o VIII Barathón de Trives, un evento que xunto á Festa da Mocidade, fai que durante 3 días Trives sexa o epicentro das actividades de ocio da zona, atraendo cada ano a máis xente.

 

Aarón Álvarez./ Foto cedida.

 

Jacobo Caneda./ Foto cedida.

Nesta nova edición dúas persoas de Trives teñen o propósito de darlle “un salto de calidade ao evento e convertir esta edición na mellor da historia”. Trátase de Aarón Álvarez Corrales e Jacobo Caneda Álvarez, ambos ligados á hostelería na vila trivesa.

Aarón e Jacobo xa están traballando e buscando a “fórmula para conseguir que o Barathón de Trives siga crecendo de forma exponencial e que cada vez, máis xente elixa as Terras de Trives para desfrutar dunha Semana Santa diferente”.

 

Participantes nunha edición anterior do Barathón de Trives, cos seus diplomas./ Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button