Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Novos test para o estudo epidemiolóxico do Covid-19 no Centro de Saúde da Rúa

 

Na mañá deste luns 8 de xuño comezaban a realizarse, por segunda vez dende o inicio da pandemia, test masivos do estudo epidemiolóxico do Covid-19, na carpa instalada para tal fin no aparcadoiro do  Centro de Saúde da Rúa.

Estes test realízanse de forma aleatoria, poñéndose en contacto dende o Centro de Saúde cos seleccionados que nesta ocasión son 129. O obxectivo é realizar un sondeo masivo para ter unha orientación da porcentaxe de poboación que pode estar contaxiada.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Realizando un test no Centro de Saúde da Rúa. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button