Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Numerosa asistencia na xornada divulgativa sobre silicose no Barco

Desenvolvíase na tarde do 18 de febreiro no HCV e estaba organizada pola Federación de Industria de CCOO

O salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, quedábase pequeno para acoller na tarde do 18 de febreiro á gran cantidade de persoas que acudían á sesión divulgativa sobre a silicose promovida pola Federación de Industria de CCOO.

O relator era Luis Javier Vázquez López, membro da comisión de participación do Hospital de silicose (INS), que abordaba a importancia da prevención no ámbito laboral, así como cuestións relativa á diagnose e á evolución desta enfermidade. Despois da súa exposición, respostaba ás numerosas dúbidas que lle plantexaban os asistentes.

 

A alta participación e a atención coa que se seguía esta conferencia evidencia o gran interese que existe na zona sobre esta doenza, que padecen gran cantidade de persoas relacionadas do sector da lousa. A pesar diso, non acostuman organizarse accións divulgativas sobre elas dirixidas á poboación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button