EconomíaEconomíaÚltima hora

Numerosa asistencia na xornada sobre técnicas de inxerta e poda do castiñeiro en Manzaneda

Esta sesión técnica, promovida polo Concello, estase a desenvolver neste sábado 16 de febreiro coa participación dunhas 35 persoas

Cunha notable participación está a celebrarse dende as dez da mañá deste sábado 16 de febreiro a xornada sobre “Técnicas de inxerta e poda do castiñeiro”, que organiza o Concello de Manzaneda. Esta sendo impartida por Castanea Sativa (de Cubillos del Sil) e conta coa asistencia dunhas 35 persoas.

No decurso desta xornada vanse abordando, entre outras cuestións, técnicas de inxerta e poda, así como produtos fitosanitarios. Esta xornada é gratuíta, pero, ao ser as súas prazas limitadas, era necesaria unha inscrición previa. A través de accións como ésta, o Concello de Manzaneda aposta por reactivar o cultivo do castiñeiro, un recurso de suma importancia no seu territorio.

Fotos cedidas polo Concello de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button