EconomíaEconomíaÚltima hora

Numerosa participación na “Ruleta do comercio” en San Clodio

O sorteo desta campaña, que se desenvolvía entre o 14 e o 21 de setembro nos establecementos da Asociación de Empresarios do Xeoparque Montañas do Courel, repartía multitude de agasallos

 

Arredor das once da mañá deste luns 21 de setembro comezaba a xirar a “Ruleta da Federación de Comercio de Lugo” na praza Maior de San Clodio (Ribas de Sil) e continuaba ata o mediodía. Dende o primeiro momento houbo numerosos participantes e esgotáronse os regalos previstos.

Desta maneira tan satisfectoria completábase esta campaña, iniciada o 14 de setembro na comarca de Quiroga. Cada participante debía presenten un tícket de compra (con data entre o 14 e o 21 de setembro) por un importe mínimo de 10 euros nos establecementos adheridos á Asociación de Empresarios do Xeoparque Montañas do Courel. Cada persoa podía tirar na ruleta ata un total de 3 veces.

A Ruleta foi organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia – Dirección Xeral de Comercio, Novogal e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel. Dende esta última entidade vense de agredcer “enormemente” a participación e interese das persoas que se sumaron á iniciativa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close