Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Numerosa participación nos obradoiros de crianza no Barco

A iniciativa, promovida pola asociación “De Nai a Nai”, desenvolvíase na tarde do 9 de maio no Barco

Unhas 60 persoas participaban nos dous obradoiros de crianza que se impartían o 9 de maio na Casa da Xuventude do Barco: “Manexo de rabechas” e “Como educar sen castigos”. Comezaban a partires das catro e media da tarde e estaban dirixidos por Violeta Alcocer, psicóloga e orientadora psicoeducativa, que dirixe “Aula de Familia”, ofrecendo asesoramento privado a familias e grupos.

Estas sesións formativas foron promovidas por “De Nai a Nai. Grupo de apoio á lactancia e crianza con apego”, en colaboración co Concello do Barco. Dende a organización facíase un balance moi positivo do resultado, do contido e da participación nestes obradoiros. “Teñen sido un acerto, un éxito de convocatoria, cun público diverso: nais, pais, avós e avoas, profesoras, educadoras e coidadoras”, sinala a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada.

Fotos: cedidas por De Nai a Nai.
Máis información e fotos no Especial Santa Rita 2015 de O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button