DeportesÚltima hora

Numerosas inscricións na XII Andaina & Trail de Outono do Barco

Esta proba, que combina camiñata con carreira, está prevista para a mañá do domingo 29 de outubro
Participantes na anterior edición desta proba barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Paseo do Malecón será o punto de encontro dos participantes na XII Andaina & Trail de Outono do Barco. Son ao redor de 200 as persoas que realizaban a súa inscrición nesta proba, que se desenvolverá na mañá do 29 de outubro.

Esta cita deportiva, que organiza o Club Peña Trevinca Barco, ofrece varias posibilidades. Pode realizarse unha andaina e un tral curto de 14 km, pero tamén un trail longo de 22 km. Os primeiros en tomar a saída dende o Malecón serán os camiñantes, ás 9:30h. Logo farano os corredores do trail longo, ás 10:30h., e media hora despois os do trail curto.

Artigos relacionados

Back to top button