EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Numerosas persoas degustan xabarín caldoso na praza de Rubiá

A IX edición da festa gastronómica tiña lugar na noite do 22 de xullo

A localidade valdeorresa de Rubiá vai de celebración en celebración; e de degustación en degustación. Unha semana despois da sardiñada popular que abría as Festas de Santa Mariña no barrio de Xeadre, a praza do Concello acollía unha nova edición da Festa do Xabarín. Unha cita gastronómica á que asistían numerosas persoas que non quixeron perder a oportunidade de desfrutar dunha entretida noite.

O menú, centrado no xabarín caldoso, incluía empanadas variadas; doces e xeado; pan, viño, Coca-Cola e auga; café e chupitos caseiros. Despois da cea, amenizada polo grupo de gaitas Os Parrandas, houbo baile e tamén colchonetas inchábeis gratis e sorteo de agasallos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button