ConcellosÚltima hora

Numerosos regantes da Rúa Vella e Vilela asistiron á xuntanza convocada polo Concello

Foi unha primeira toma de contacto e en breve convocarase unha nova reunión para falar dos estatutos das comunidades

O estado no que se atopan as distintas canles de rego na Rúa así como a falta de directiva e a inactividade das dúas comunidades coas que conta o municipio, unha en Vilela e outra na Rúa Vella, preocupan ao Concello. Por iso convocaban a unha reunión que se celebraba na tarde do 20 de marzo no Salón de Actos do Concello, á que acudía un elevado número de persoas.

“Foi unha primeira toma de contacto para coñecer a situación exacta das comunidades de rego, e a alta asistencia demostrou que é un tema que lles interesa e preoupa polo que aínda que non é competencia directa do Concello si podemos colaborar e servir de canle para xuntar á xente e axudar a poñelas en marcha”, explica a alcaldesa María González, adiantando que en breve convocarán outra reunión para falar dos estatutos e outros temas.

Artigos relacionados

Back to top button