CulturaCulturaÚltima hora

“Nunca Fuimos Ángeles” ameniza o mediodía deste domingo, 2 de agosto, na praza de Viloira (O Barco)

Trátase do segundo concerto desta fin de semana, no marco do "Terrasón 2020"

 

O “Terrasón 2020” finaliza a súa segunda fin de semana de concertos coa actuación de “Nunca Fuimos Ángeles”. O grupo amenizou a sesión vermú na praza de Viloira do Barco, este domingo 2 de agosto ás 13:00h.

De orixe berciana, “Nunca Fuimos Ángeles” está formado por Miguel Rallo e Miguel Cabera, dous músicos de longa traxectoria que ofreceron un concerto con dous guitarras e a voz de ambos integrantes. O repertorio combinou temas propios con versións de Manolo Tena, Pereza, Nacha Pop, Joaquín Sabina ou Jarabe de Palo, entre outros.

O “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco, continuará a fin de semana que vén coas actuacións de Antía Muíño (7 de agosto ás 23:00h no Malecón), Cora Velasco (8 de agosto ás 23:00h na praza Andrés de Prada) e Velma Powell & Bluedays (9 de agosto ás 13:00h na praza do Sagrado).

 

Artigos relacionados

Back to top button