PolíticaÚltima hora

Núñez Feijóo clasura a IV Convención de Cargos Públicos do PP de Ourense

O encontro celebrábase o 20 de setembro nos Milagros, no concello de Baños de Molgas
Acto de clausura da convención nos Milagros.
Acto de clausura da convención nos Milagros.

Mirando cara as eleccións municipais do 2015 o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pedía aos seus compañeiros de partido “non entrar na competición de ver quen chama máis a atención por descualificacións ou estridencias; nin de ver quen é máis crítico; nin entrar na pelexa que teñen outros partidos por liderar unha oposición cada vez máis desfragmentada”. Indicáballes no acto de clausura da IV Convención de Cargos Públicos do PP de Ourense que “deben ser os máis autocríticos, deben liderar coa xente un país unido e, en resumo, fronte a ingobernabilidade duns ou a experiencia do mal goberno doutros, deben ser goberno de todos os cidadáns”.

A súa intervención pechaba a clausura deste encontro, que tiña lugar o 20 de setembro no salón de actos do antigo centro educativo anexo ao Santuario de Os Milagros (Baños de Molgas). Este acto de peche do convención iniciábao o presidente do PP de Baños de Molgas e alcalde anfitrión, Eladio Mangana Nóvoa, que quixo facer un recoñecemento expreso a tódolos alcaldes e concelleiros populares da provincia.

De seguido tomaba a palaba o presidente provincial desta formación política, Manuel Baltar, para asegurar que o traballo no PPOU “é constante, independientemente da convocatoria ou non de eleccións”, e augurando que o éxito do PPOU será “atroador” nas Eleccións Municipais de 2015. Tamén apuntaba Baltar que na provincia se celebraron xa 55 congresos locais do partido e que a finais de ano serán un total de 70. “Nunca antes se puxo en marcha un proceso de renovación tan intenso”, destacou. E tamén lembrou que xa está constituido o Comité de Campaña para as Eleccións Municipais, avanzando que antes de finais de ano coñeceranse os cabezas de lista para eses comicios. Anunciou asemade unha nova campaña de afiliación, así como a nova distribución da cidade en distritos, pasando de 5 a 9 distritos.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close