PolíticaÚltima hora

Núñez Feijóo, reelixido novamente para ser investido como presidente da Xunta

No marco da rolda de consultas, o popular recoñece que esta é unha das lexislaturas máis complexas

Feijóo nesta mañá de 24 de agosto.

 

Alberto Núñez Feijóo vén de ser reelixido por cuarta vez consecutiva para ser investido como presidente da Xunta. Así o anunciaba nesta mañá de 24 de agosto o portavoz do Partido Popular, Pedro Puy, despois da rolda de consultas co presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

 

 

Feijóo recoñece que gobernar por cuarta vez consecutiva é algo insólito, e que esta lexislatura vai ser unha das máis complexas. “A primeira foi complexa pola crise económica, e esta pola crise sanitaria ademais da económica”, explica, facendo fincapé na situación sanitaria actual.

 

 

O portavoz popular, Pedro Puy, quixo recordar que Feijóo conseguira “o respaldo maioritario dos galegos nas eleccións”, cunha maioría absoluta con 42 escanos. Ademais, recalcaba que o líder do PP era “a mellor opción para a investidura” nun escenario marcado pola Covid-19.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button