DeportesÚltima hora

Nuria Bouza con Nazaret Florián e Juan Escalona con Guillermo Gómez, gañadores do II Torneo Sousas Oira Praia

Os xogadores do Clube Volei Praia Milenio Ourense cumpren os prognósticos con vitorias tanto en categoría feminina como masculina

 

Os participantes galegos do Torneo Senior.

 

O recinto deportivo de Oira tivo un broche de ouro para o II Torneo Senior do Circuito Sousas Oira Praia grazas ó triunfo final das parellas, a priori favoritas, con xogadores do Clube Volei Praia Milenio Ourense, tanto en categoría feminina con Nuria Bouza, como en categoría masculina con Juan Escalona.

Na categoría feminina Nuria Bouza e máis Nazaret Florián cumpriron os prognósticos e fixéronse co torneo despois de derrotar na final á parella vasca formada por Nerea Ruiz e Oihane Gutiérrez, cun partido de calidade e de gran emoción que finalmente decidiuse por escaso marxe no marcador (22-20 / 21-19).

En terceiro lugar, clasificouse a parella formada pola xogadora do Sousas Oira Praia, Tea Andric, e a viguesa Lorena Cruz, que impuxéronse á parella do Clube Volei Praia Vigo formada por Luci Paz e Sara Urrea nunha incríble final (2-1) con remontada de cinco puntos no set de desempate ata un 14-16 final.

En categoría masculina a competencia tamén foi dura con partidos moi igualados e de gran calidade que transmitiron paixón á grada do recinto deportivo. A parella formada polo xogador do Sousas Oira Praia, Juan Escalona, e o madrileño Guillermo Gómez, impúxose na final á parella cántabra de Jaime Dehesa e Roberto Rojo por un axustado 2-1 cun 19-17 no set definitivo.

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button