SociedadeÚltima hora

Os traballos realizados na “Ruta do Donsal”, nos Ancares, finalizan este venres

Celebrarase un acto, en homenaxe aos voluntarios do campo de traballo, na igrexa de Quintá de Cancelada (Lugo)

O desenvolvemento de dez campos de traballo internacionais para abrir e manter a ruta de senderismo Quintá – Río Donsal, de 18,2 km. (homologada por la Federación Galega de Montañismo en 2013), nos que participaron 85 voluntarios de 18 países, foi o punto de partida e vertebración de “pequenas accións ambientais para descubrir un tesouro natural que dignificou a zona coa presenza de voluntarios e sendeiristas”, explican dende a Asociación Castaño y Nogal, promotora da iniciativa que puxo no mapa de internet a zona, a dinamización medioambiental, cultural e rural da comarca de Cancelada, no entorno dos Ancares, “así como na prevención de incendios e a posta en valor do bosque autóctono da zona, incluídos soutos centenarios de castiñeiros”, puntualizan.

Para finalizar as actividades do campo de traballo deste 2019, celebrarase este venres 30 de agosto ás 18:30 horas, un acto na honra “aos voluntarios e cooperantes altruístas do Campo de Traballo Internacional, que foi tamén de sensibilización ambiental e dignificación do rural e os seus patrimonios naturais e culturais como piar de desenvolvemento sostible”, puntulizan dende a asociación que conta entre os seus membros cun veciño do Barco de Valdeorras. O acto será na igrexa parroquial de Quintá de Cancelada e será presidido polo alcalde do concello lucense de Becerreá.

Fotos: Asociación Castaño y Nogal.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close