EconomíaEconomíaÚltima hora

O 112 atendeu 13.054 incidencias relacionadas coa vespa velutina

O 25% das emerxenicas foron recibidas dende Ourense e Lugo, mentres que o 75% restante corresponde ás provincias da Coruña e Pontevedra  
Luis Menor presentou hoxe o balance nunha rolda de prensa canda a Juan José Muñoz.

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia, pertencente á Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), pecha o ano 2016 e hoxe fixeron o balance das cifras obtidas. Segundo fontes da Vicepresidencia da Xunta, esta entidade resolveu 221.025 incidencias en 2016 mediante a mobilización dos recursos de emerxencias en 397.182 ocasións.

Segundo informou o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o xerente da Axega, Juan José Muñoz, CAE 112 Galicia atendeu 1.100.20 de chamadas no pasado exercicio. Delas, o 20% derivaron en situacións de urxencias que precisaron, na maior parte dos casos, da asistencia sanitaria e da intervención das forzas da orde e dos servizos de rescate e extinción de incendios. Das intervencións, cómpre salientar as incidencias relacionadas coa presenza de animais, en especial, pola aparición de avespas velutinas, sobre as que foron atendidas 13.054 incidencias e que seguen a expandirse por Galicia e, en concreto, pola provincia de Ourense.

Do total de incidencias xestionadas polo 112 Galicia, o 34% estiveron relacionadas con incendios urbanos e industriais, rescates, fugas de gas, derrames de verteduras de substancias, a activación de plans especiais de Protección Civil e outros operativos; o 28% coa atención sanitaria; 0 16% coa atención de incidencias pola presenza de enxames, animais feridos ou en vías; o 13% coa seguridade cidadá e o 9% restante con accidentes en estradas, laborais, ferroviarios e marítimos.

Por provincias, Ourense e Lugo supuxeron o 25% do total das incidencias, namentres que A Coruña e Pontevedra suman o 75%. Os concellos da faixa atlántica, especialmente as das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, son os que concentraron o maior número de incidencias. No referido á xestión das incidencias por concellos, o de Vigo foi onde se contabilizou un maior número de intervencións, 19.308, seguido do da Coruña, onde foron xestionadas 12.920 incidencias o pasado 2016.

O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias empregou os drons en tarefas de busca de persoas até en sete ocasións en todo o 2016, sinalan dende a Xunta. As aeronaves non tripuladas sumáronse aos recursos utilizados nos operativos de busca activados, por exemplo, en Ferrol, Carnota, Vedra, Monfero, Chantada, A Guarda e mesmo na beira portuguesa do Río Miño.

Asemade, dende este organismo sinalan que houbo unha redución das chamadas consideradas “maliciosas”, concretamente un 5%. Este tipo de chamadas reciben un tratamento específico que permite reducir o fluxo e diferenciar entre falsas alarmas intencionadas, reincidentes e menores.

Artigos relacionados

Back to top button