ConcellosO BarcoÚltima hora

O 13/14 do Barco celebrará o 13 de setembro o seu primeiro aniversario cun brinde especial

Este establecemento de hostalaría, situado en pleno Malecón do Barco, ofrece unha ampla e variada carta con ata 27 cervexas diferentes

 

O 13 de setembro de 2019 o 13/14, no Barco, reabría as súas portas cunha nova xerencia á fronte da cal estaba Mónica Moldes Rodríguez. Agora, un ano despois, este establecemento de hostalaría barquense celebra o seu primeiro aniversario, tras un ano complicado pero aínda así positivo pola resposta da xente. Será o vindeiro domingo 13 de setembro ás 21h. dun xeito moi especial e velando por que se manteñan as medidas de seguridade sanitarias, algo polo que aposta de xeito especial este local.

“A situación realmente non está como para organizar festa, pero queremos celebralo cun brinde con todos os nosos clientes a partir das 21h. Durante 10 minutos non imos servir e imos compartir e festexar con eles este momento. Tamén haberá algunha sorpresa, tipo agasallos e demais, pero sempre mantendo as normas de seguridade, os que nos coñecen saben que somos moi estritos nese senso, non podemos relaxarnos. Iso si, confiamos en que o ano que vén a situación estea mellor e que, desa volta, poidamos celebrar o segundo aniversario como se merece”, adianta Mónica Moldes.

 

Mónica Moldes Rodríguez está á fronte do equipo do 13/14 no Barco.

 

Pese a que só seis meses despois da súa apertura víronse obrigados a peche durante dous meses debido á crise do Covid, a responsable do 13/14 fai un balance positivo deste primeiro ano. “Estou moi contenta, se non nos fose ben non poderíamos ter aguantado un ano enteiro cando recén abertos, como quen di, tivemos que pechar”. Amosa o seu agradecemento aos clientes, tamén “ao equipo, que pelexan comigo como se fose tamén deles” e, de xeito especial, aos seus pais “grazas a eles resistimos”.

Cunha carta diferente que inclúe ata 27 cervexas distintas

Dende o principio o 13/14 ten apostado por dar un servizo cercano e próximo aos seus clientes, ademais de ofertar unha gran variedade de consumicións. “Temos un total de 27 cervexas distintas, cócteles, cafés, pinchos… É unha carta moi variada e ampla, algo bastante diferente ao que había aquí xa”, comenta a responsable deste establecemento barquense.

 

Ademais, no apartado gastronómico fai especial fincapé nos pinchos do 13/14, todos eles elaborados pola súa nai. O horario de apertura do 13/14 vai, a diario, dende as 11h. ata a unha da madrugada. Sen embargo, isto mudar nas vindeiras semanas. “De cara ao inverno estamos valorando abrir antes para empezar cos almorzos”, adianta.

 

 

Unha aposta pola seguridade

Outra das singularidades deste local de hostalaría barquense é a súa ampla terraza, moi preto da beira do río Sil. “Intemos que sexa o máis segura posible, de feito a separación entre as mesas é de 2,5 m e nalgúns casos de ata 3,5 m. Insistimos moito nese tema porque aquí hai moita xente maior e tamén xente con risco, non podemos permitir que o Covid entre”, insiste Mónica.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas (as 4 últimas da galería).

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close