Galerías de fotos

O 13/14 abre as súas portas no Barco con nova xerencia

O 13/14, situado en pleno Paseo do Malecón do Barco, reabría as súas portas con nova xerencia o 3 de agosto. Nuria Teixeira, a súa responsable, aposta por facer del un lugar dinámico e acolledor. “A idea é organizar diferentes actividades para activar o local, como vai ser por exemplo o día 23 a presenza dun cortador de xamón, pero tamén ofrecer unha atención ao cliente moi coidada e un ambiente familiar e tranquilo para vir a tomarte algo cos teus amigos ou coa túa familia”, comenta.

Este establecemento abre todos os días da semana cun horario que vai das 10h. ata a noite de forma ininterrumpida. Polas mañás os acompañados de bica ou tortilla e ademais ao longo do día cada consumición sérvese con diferentes pinchos. A partir de setembro ten previsto incluir tapas na súa oferta. Xa pola noite, o 13/14 aposta tamén pode ser un punto de encontro para tomar unha copa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button