Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O XVII Congreso do PP ourensán, en imaxes

Baltar resultaba reelixido na maña do 5 de marzo no “Paco Paz” de Ourense

Preto de 900 compromisarios da provincia dábanse cita na mañá do 5 de marzo no XVII Congreso do PP de Ourense, celebrado no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, na cidade das Burgas. O programa do encontro comezaba ás dez coa constitución do congreso a cargo da COC e coa proposta da mesa do congreso, que se sometía a votación.

De seguido tiña lugar a aprobación do regulamento deste encontro e as lecturas dos comunicados “Futuro e comunicacións”, “Turismo e termalismo” e “A Provincia intelixente. Ourense como referencia”. O congreso continuaba cun manifesto en defensa das deputacións e co informde de xestión, do que daba conta o secretario provincial, Rosendo Luis Fernández. E de seguido tomaba a palabra Andrea Levy, vicesecretaria nacional de Estudos e Programas do PP.

Ao redor do mediodía interviña o candidato á presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, e presentaba a candidatura ao comité executivo provincial desta formación. A continuación procedíase á votación e ao escrutinio e en torno á unha facíanse públicos os resultados e proclamábase a candidatura electa. Manuel Baltar resultaba reelixido co 95,66% dos votos. Acto seguido, comezaba a clausura do congreso cos discursos do presidente provincial do PP e do presidente galego do partido, Alberto Núñez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button