Última hora

O 20 de xullo a Eurocidade Chaves-Verín celebra “Un día ao redor da música”

De balde, os asistentes poderán participar na mesa redonda “Factor Pitching: un encontro con profesionais” e gozar coas actuacións de grupos musicais

 

Cartel de “Un día ao redor da música”.

 

O vindeiro 20 de xullo a Eurocidade Chaves-Verín acollerá a celebración da actividade “ Un día ao redor da música” que se celebrará no local de ensaios da Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin (Avda. Portugal, Feces de Abaixo – antigo edificio aduaneiro).

A iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible, neste caso, reunindo a mozos e mozas nunha tarde na que a música será a protagonista.

A entrada será de balde ata completar aforo, unha tarde na que os asistentes ao encontro poderán participar na mesa redonda “Factor Pitching: un encontro con profesionais” e gozar coas actuacións de diferentes grupos musicais.

Ás 16 horas dará comezo a mesa redonda “Factor Pitching: un encontro cos profesionais”, na que intervendrán: Xosé M. Rodriguez (La Voz de Galicia), Marta Gómez (TVG ZIG ZAG), Nonito Pereira (Mondosonoro) e Salva Ronco (Maketon Radio Vigo).

Será de 17 a 19 horas cando se darán as actuacións musicais de Neiz, Laura Gándara, Maricio David, Manuel Mateus e Quintas.

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button