EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O 25 cumpreanos do Café Bar Zig Zag do Barco

Cunha celebración compartida cos seus clientes o Café Bar Zig Zag, situado na rúa Abdón Blanco do Barco, festexaba na tarde-noite do 15 de xullo o seu cuarto século de vida, mantendo ademais a mesma xerencia. Así agasallaba ao público con diversos e saborosos pinchos como queixo, tortilla de patacas ou empanada, entre outros, acompañados de cervexa ou viño. Unha das sorpresas da tarde era a presenza dun cortador de xamón profesional, Javier de Río.

Ademais a velada contaba coa actuación musical do Blue Star Group, unha formación valdeorresa que facía un animado repaso por coñecidos temas dos anos 50, 60 ou 70, que convidaban a bailar aos asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button