SanidadeÚltima hora

O 26% dos ingresados por Covid nos hospitais do Sergas presentan infección compatible coa variante Ómicron

A incidencia desta variante nos centros da rede sanitaria pública descende ata o 11’3% no caso das persoas ingresadas nas UCI, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Servizo Galego de Saúde continúa a monitorizar os casos positivos que ingresan nos hospitais da rede sanitaria pública galega, detectando que o 26,08% das persoas ingresadas presentan infeccións compatibles coa variante Ómicron.

“Analizando os datos segundo a área de hospitalización, esta porcentaxe acada o 28,63% no que atinxe ás unidades de hospitalización do Servizo Galego de Saúde, e descende até o 11’36% no caso das persoas que se atopan ingresadas nas Unidades de coidados intensivos”, segundo vén de informar a Consellería de Sanidade.

Así, Sanidade continúa a analizar as infeccións de cada un dos ingresos que se producen nos hospitais galegos para determinar a que variante do virus Sars-Cov-2 a que pertencen, “co obxecto de poder avaliar e facer un seguimento específico á evolución de cadansúa cepa”.

Neste senso, o Servizo Galego de Saúde realízalle unha proba diagnóstica específica a todos os pacientes positivos que ingresan nos centros hospitalarios, co ánimo de poder avaliar a carga da variante ómicron durante a súa hospitalización.

Artigos relacionados

Back to top button