OurenseÚltima hora

O 26 OUFF arranca coa estrea mundial da película “Malencolía” de Alfonso Zarauza

Protagonizada por Xulio Abonjo e Melania Cruz, rodouse en diferentes escenarios da provincia de Ourense

Escena do filme “Malencolía”./ Cedido.

 

Malencolía é a película escollida para inaugurar a 26 edición do OUFF (Ourense Film Festival). A estrea mundial deste filme durante a gala de inauguración do festival dará arranque a 10 días de cine nos que Ourense, como plató de cine, volverá a brillar no universo cinematográfico. E é que esta historia de terror pouco convencional foi rodada este mesmo ano en escenarios do Carballiño, Boborás e O Irixo. O filme está producido por Maruxiña Film Company e conta coa participación de Televisión de Galicia e a colaboración da Deputación de Ourense.

Malencolía é o sexto filme do director galego Alfonso Zarauza, o último despois do gran éxito acadado con Ons (2020). Conta con Xulio Abonjo e Melania Cruz como protagonistas, aos que acompañan Iolanda Muiño, X. A. Touriñán, Ledicia Sola ou Tito Asorey, entre outros. Elia Robles na dirección de arte, Alberte Branco na de fotografía, Tamara Soto na dirección de produción ou Fernando Alfonsín na montaxe forman parte do equipo técnico do filme.

O argumento de Malencolía xira en torno a historia de Sira e Pepe, unha parella que despois de 10 anos vivindo en Berlín, deciden tomar unha nova dirección na súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, mercarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero onde vive unha señora coa que manterán unha estraña relación. A estrea poderá verse na gala de apertura do OUFF do próximo venres, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal.

Artigos relacionados

Back to top button