ConcellosÚltima hora

O 29 de xullo remata o prazo para presentar alegacións ao proxecto do parque eólico Prada en Trevinca

Imaxe do Macizo de Trevinca./ Cedida.

 

A Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana vén de facer un chamamento a través das redes sociais a presentar alegacións ante a revisión do proxecto da multinacional norueguesa que pretende “instalar 24 aeroxeradores de 215 metros de altura en punta de pa entre as localidades de O Barco de Valdeorras, A Veiga e Carballeda, dominando na práctica o horizonte da Serra do Eixe (Ourense), a día de hoxe considerada como un dos grandes santuarios da natureza galega”.

Ademais explican que o plan da empresa da filial española desa compañía norueguesa contempla ademais “a instalación de 101 anclaxes dunha línea de alta tensión (LAT) de evacuación que afectará ademáis de aos xe mencionados, aos termos municipais ourensanos de Petín, Larouco, San Xoán de Río e A Pobra de Trives, ademais de á localidade lucense de Quiroga”.

O Club de Montañismo Montañas de Trevinca vén de preparar alegacións públicas xerais ao parque eólico Prada que poden descargarse en www.montanasdetrevinca.es ou ir/gl/alegatrevinca e presentarse asinadas por rexistro ordinario ou electrónico á Administración pública dirixidas ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) ata o venres 29 de xullo.

Dende a Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana resáltase que a contorna afectada directamente polo parque eólico Prada “conta coa presenza de numerosas especies protexidas coma o lobo ibérico (Canis lupus signatus) ou a águia real (Aquila chrysaetos), incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de “en perigo”, e a nivel xeolóxico cunha das mellores mostras das antigas paisaxes glaciares da península, cuxo recordo consérvase en lagoas de altura como “A lagoa da serpe” ou “O Celo”. Ademais, xunto ao río San Xil, está o Teixadal de Casaio, unha auténtica catedral botánica que alberga máis de 300 árbores dunha especie, o teixo (Taxus baccata), que pode chegar a superar os 3.000 anos de idade e que na antigüidadeera considerado como sagrado polos pobos celtas”.

Así mesmo engaden que “preocupa de manera especial a destrución e alteración da capa freática pois durante o proceso de instalación córrese o perigo de modificar e desecar unha gran parte das canles naturais dos nacementos de ríos e regos da zona, dado que a área de implantación do proxecto eólico atópase a unha altitude media de 1.400 metros. Doutra banda, este afectará a unha paisaxe única que ademáis alberga a única cresta alpina de Galicia-. Igualmente, a xigantesca dimensión dos aeroxeradores, 215 metros en punta de pa, fará que estes sexan visibles dende calquera punto do macizo supoñendo unha afectación paisaxística inasumible”.

Esta entidade tamén lembra que “tanto o macizo como a súa área de influencia está amparado pola Rede Natura 2000 e clasificado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) co código “Pena Trevinca 110059”, algo que o Decreto 442/1990 considera incompatible con iniciativas industriais “que produzan unha alteración física ou unha perda de valores naturais, culturais, científicos o educativos nos espazos naturais en réxime de protección xeral incluídos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia“.

Artigos relacionados

Back to top button