OurenseÚltima hora

O 2º Plan de rescate da Xunta, dotado con 75 millóns de euros, abrirá mañá o prazo de solicitudes

O delegrado territorial en Ourense, Gabriel Alén, explicou que as axudas deste plan "son compatibles e acumulables coas do primeiro"

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e o xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Yago Borrajo.

 

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, celebraba na mañá deste xoves 18 de febreiro un webinar dirixido a autónomos e microempresas para explicarlles polo miúdo o 2º Plan e rescate do Goberno galego.

Acompañado do xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Yago Borrajo, Alén anunciou que este Plan, aprobado no Consello da Xunta do pasado xoves e dotado con 75 millóns de euros, abrirá a partires de mañá o prazo de solicitude das axudas cun sistema de tramitación moito máis sinxelo que o primeiro, sendo ademais compatibles e acumulables coas do primeiro, “en virtude do cal se aboaron máis de 33.605 axudas en tempo récord, por un importe de 69 millóns de euros, e que ata o de agora todas as axudas que cumpriron os requisitos foron pagadas”, dixo.

Deste xeito, destacou Gabriel Alén, que “o 60% desta cantidade foi destinada ás axudas solicitadas polo sector da hostalería, en concreto, 38,8 millóns de euros; resultando que un negocio ou establecemento que se beneficie do primeiro e do segundo Plan de rescate podería percibir un mínimo de 3.400 euros (sumando os 1.500 euros de axuda mínima do primeiro plan e os 1.900 do importe mínimo da segunda convocatoria) ata un máximo de 24.200 euros (8.500 máximo do primeiro plan e 15.700 do segundo)”.

 

O delegado da Xunta en Ourense, durante a webinar.

 

Outros sectores afectados

O delegado territorial da Xunta incidiu en que tamén se terán en conta as necesidades doutras actividades obrigadas a pechar como poden ser os ximnasios ou parques de ocio infantil. Así haberá catro liñas diferentes, todas compatibles entre si, dirixidas a persoas traballadoras autónomas, microempresas, hostalería e outras actividades pechadas desde xaneiro. Deste xeito, “poderán acollerse a el os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade que se vexa afectada polo peche conforme á normativa ditada polas autoridades sanitarias. No caso desta liña, as axudas estarán entre 1.900 e 3.700 euros”.

Dentro da primeira liña, o representante do Goberno galego destacou un programa para axudar ás persoas traballadoras autónomas, ao que se destinarán 30 millóns de euros, con apoios de entre 1.200 e 3.000 euros. O segundo programa, dotado con outros 30 millóns, estará dirixido a microempresas e o apoio económico irá de 4.000 a 9.000 euros.

Gabriel Alén tamén destacou a posta en marcha dun programa para a hostalería, do que poderán beneficiarse: autónomos, microempresas ou pemes do sector, que se vexan afectados polo peche conforme á normativa ditada polas autoridades sanitarias, podendo recibir desde 1.900 a 3.700 euros.

“Todas estas liñas de apoios serán compatibles, ao respecto e como exemplo explicou que no caso dun establecemento de hostalería cunha caída de facturación de polo menos o 70% e cun número de empregados entre 21 e 25, podería percibir ata 15.700 euros”, explicou o delegado.

As bases publicadas no DOGA poden consultarse aquí: AnuncioG0599-170221-1_gl

 

Artigos relacionados

Back to top button