En portadaÚltima hora

O 30 de abril as tarifas de roaming en Europa reduciranse considerablemente

O Eixo Atlántixo puxo en marcha o ano pasado a campaña Zero Roaming con límite no 2017

zero_roaming_imagen.. px web jpg

Na que será a última fase tarifaria antes da desaparición definitiva en xuño de 2017, o Parlamento Europeo vén de acordar os sobreprecios máximos que as compañías telefónicas poderán aplicar aos seus clientes, tanto en chamadas de voz, como SMS o datos, reducíndose ostensiblemente as tarifas de roaming a partires do 30 de abril.

O Eixo Atlántico, a RIET (Red Ibérica de Entidades Transfronterizas), OCU (Asociación de Consumidores e Usuarios de España) e DECO (Asociación Portuguesa para a Defensa do Consumidor) poñían en marcha o ano pasado a campaña Zero Roaming á que se sumaron a Asociación de Consumidores de Europa (BEUC) e os colectivos que agrupan aos consumidores de Francia, Bélgica, Holanda e Grecia chegando a recoller 117.482 firmas nun mes.

En todo este tempo, o Eixo Atlántio mantivo a exigencia de poñer fin ao sobrecuste inxustificado que supón o uso do teléfono móbil no extranxeiro e sempre sostivo que se trata “dunha mera cuestión de voluntad política, como demostraron as decisións adoptadas por Bélxica, Luxemburgo e os Balcáns”. Para o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, o roaming “supón unha traba importantísima ao desenvolvemento económico, a competitividade das empresas e á mobilidade, sobre todo nos territorios de fronteira”.

O vicepresidente do Eixo e presidente da Fegamp, Alfredo García, considera que a redución lograda é “moi importante”, especialmente para os cidadáns e empresarios dos municipios limítrofes de Portugal e España, “que deste xeito poderán mellorar moito a súa comunicación e, en definitiva, manter unhas relacións comerciais máis fluídas”, dixo.

As tarifas máximas dende o 30 de abril de 2016 para as chamadas, textos e on line (descarga de datos) son as seguintes (Fonte, Comisión Europea):
– Chamadas saíntes de voz (por minuto); prezo interno ata + € 0,05
– Chamadas de voz entrantes (por minuto); prezo interno ata + € 0,01
– textos saíntes (por texto); prezo interno ata + € 0,02
– En liña (descarga de datos, por MB); prezo interno ata + € 0,05

Artigos relacionados

Back to top button