EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O 30 de xuño conclúe o prazo para presentar traballos ao concurso do cartel da XII Feira do Viño de Monterrei

O certame está aberto a deseñadores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas
Imaxe dunha edición anterior da Feira do Viño de Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro vernes día 30 de xuño ás 14h. finalizará o prazo de presentación de traballos para o concurso do cartel anunciador da ‘XII Feira do Viño Monterrei’, que terá lugar do 11 ao 13 de agosto en Verín.

Este concurso, organizado polo C.R.D.O. Monterrei, está aberto a deseñadores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas. O formato único será de 43 x 63 cm (en posición vertical), e a obra poderá realizarse con calquera técnica pictórica, informática e fotográfica. A obra deberá incluír o texto: XII Feira do Viño Monterrei. Verín. 11, 12 e 13 de agosto.

As bases falan dun único premio de 600 euros para o cartel ganador, que será seleccionado por un xurado conformado por persoas relacionadas co mundo dea arte e do deseño, así como polo presidente do Consello Regulador ou membros do pleno nos que delegue e o alcalde de Verín e/ou persoas vas que deleguen.

Os carteis que se remitan ao concurso deberán estar en soporte informático en archivo .jpg o .png en alta resolución (mínimo 300 ppp). Poden remitirise ao enderezo electrónico info@domonterrei.com ou entregarse na sede do C.R.D.O. Monterrei (Avda Luis Espada, 73 Baixo. Verín).

Artigos relacionados

Back to top button