CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O 32º Encontro de Poetas reúne a unha trintena de voces na Rúa

O recital continúa hoxe a partires das 20:30h. no salón de actos do Colexio de Fátima

Valdeorras (A Rúa, O Barco, Petín,…), de León, Vigo, Ourense, Ponferrada e mesmo Porto (Portugal). Son algúns dos lugares de procedencia dos 33 poetas que participan na xuntanza organizada polo Instituto de Estudos Valdeorreses que se está desenvolvendo na Rúa.

A 32ª edición do Encontro de Poetas, coordinado por Mª Carmen Gago e Emilio Vega, arrancaba na tarde do 29 de xuño no salón de actos do Colexio de Fátima, en pleno centro da localidade ruesa. E facíao da man dos propios promotores homenaxeando a Federico García Lorca no centenario da publicación da súa primeira obra. Despois recitaban os seus poemas incondicionais da xuntanza como as ruesas Emma Fernández e Asunción Arias “Sulma”, entre outros. O apartado musical correu a cargo de Edith Fernández de Ponferrada.

O encontro continúa hoxe, sábado 30 de xuño, a partires das 20:30h. cun recital que pechará a propia Mª Carmen Gago Florenti. A música será cousa de Antonio Odón Alonso de La Bañeza. Ao remate, e trala entrega de galardóns aos participantes, terá lugar a cea de confraternización.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button