SanidadeÚltima hora

O 4 de decembro rematarán os tests rápidos de Covid no Colexio de Enfermería de Ourense

Dende o pasado 18 de novembro case mil persoas pasaban pola sede colexial para realizar estas probas

Foto: Colexio de Enfermería de Ourense.

 

O Colexio Oficial de Enfermería concluirá o vindeiro venres, 4 de decembro, a realización de probas rápidas de COVID-19, colaborando coa Consellería de Sanidade no marco dun estudo epidemiolóxico no concello de Ourense.

“Debido á baixada de casos activos en Ourense e á que a situación parece estabilizarse, a Consellería de Sanidade dará por finalizado o cribado masivo o próximo 5 de decembro, polo que, no Colexio Oficial de Enfermería non se realizarán probas máis alá do 4 de decembro”, expican dende este órgano colexial, “durante esta semana, continuaremos colaborando coa iniciativa para garantir aos cidadáns que as probas se farán con todas as garantías de seguridade necesarias e de forma gratuíta”.

Ademais, dende o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense agradécesé á poboación a confianza depositada “en nós para realizarlles a proba, xa que, desde o pasado 18 de novembro recibimos a case 1.000 persoas, que sempre mostraron unha actitude exemplar no respecto das instrucións dadas e as medidas de seguridade establecidas. Pero todo isto non tería sido posible sen a colaboración das enfermeiras e enfermeiros que estiveron durante estes dez deí as traballando na sede colexial, poñendo a súa experiencia e bo saber facer ao servizo da ciudadanía.

As últimas probas

Esta entidade mantén nesta vindeira semana o mesmo circuíto de tránsito seguro na sede colexial, situada na rúa Villa Valencia, número 18 de Ourense, onde os cidadáns que acudan a realizar o test rápido serán atendidos por enfermeiras e enfermeiros, é dicir, profesionais sanitarios formados, coa experiencia e competencias necesarias para a realizació n de probas diagnósticas.

Para participar no estudo, os cidadáns deben pedir cita previa a través da páxina web habilitada para iso (​https://manager.enfermeriaourense.org/cita-covid). É imprescindible que acudan á cita no día e hora sinalados, co seu DNI e tarxeta sanitaria, para poder rexistrar os resultados do test de forma adecuada. Tamén axiliza o proceso e evita as colas, se os cidadáns xa acoden á cita con 2 copias do
consentimento informado e unha copia da ​folla de rexistro, impresas e cubertas. Estes formularios pódense descargar na web xa citada.

Poderase pedir cita para esta última semana de probas desde hoxe ata o próximo xoves, día 3 de decembro, en horario de 10:00 – 13:15 e 16:30 – 18:15.

Artigos relacionados

Back to top button