OurenseÚltima hora

O 47 Trofeo Pedro Escudero reunirá mañá en Ourense a 420 nadadores

A edición máis numerosa da competición celébrase mañá a partires das 10h. na piscina Rosario Dueñas
Nadadores na Piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Un total de 420 nadadores participarán mañá, 23 de xuño, na 47 edición do Trofeo Pedro Escudero, a proba decana da natación galega, que se celebra na piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios de Ourense.

Ao longo da xornada desenvolveranse un total de 30 probas (15 masculinas e 15 femininas) que comezarán a partires das 10horas, coas primeiras eliminatorias. Pola mañá celebraranse as probas de 400 libre, 50 bolboreta, 200 costas e 100 braza. A entrega de medallas está prevista a partires das 11:25 horas. A continuación terán lugar as probas de 50 libre, 100 bolboreta, 200 estilo e 50 costas, coa entrega de galardóns a partires das 12:50 horas.

Pola tarde a partires das 17 horas tocaralle o turno ás carreiras de 400 estilos, 200 libre, 50 braza e 200 bolboreta e ao seu remate, en torno as 18:40 horas será a entrega de medallas. Para rematar terán lugar as probas de 100 costa, 200 braza e 100 libre coa entrega de medallas prevista pasadas as 20 horas.

Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada proba, así como un premio en metálico para os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina.

Artigos relacionados

Back to top button