DeportesÚltima hora

O 4º Gran Premio de Montaña e Andaina da Rúa celebrarase o 29 de setembro

Na liña de saída estará a corredora Esther Hernández, última ganadora da Transgrancanaria 360
Saída da carreira do 3º Gran Premio de Montaña da Rúa, dende Vilela. /Foto: Carlos G. Hervella.

27 de setembro. É a data elixida para a celebración do GPM Galitiming A Rúa 2019 (Gran Premio de Montaña e Andaina) que reunirá na Rúa a corredores de toda Galicia.

Cuns percorridos “con moito encanto, técnicos e duros” e incluída no Circuíto Terra da Federación Galega de Montaña, a proba ten xa aberto o prazo para formalizar as inscricións online en www.galitiming.com. A partir do 3 de agosto poderán facerse nas tendas Tri-Sport da Rúa e do Barco, e en Deportes y Bicis Chapi do Barco.

A organización recalca que esta edición estará limitada a 150 prazas, engadindo que os participantes recibirán unha bolsa do corredor con numeroso material. Eles mesmos adiantan que este ano contarán na liña de saída con Esther Hernández, “gran corredora de carreiras por montaña en especial ultras, sendo a última ganadora da Transgrancanaria 360”, puntualizan.

Artigos relacionados

Back to top button