Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O 5º Gran Premio de Montaña Galitiming reunirá na Rúa a 200 corredores

A cita deportiva celebrarase o vindeiro 3 de outubro con saída e meta na praza Enriqueta Casanova de Fontei

Participantes na angerior edición do Gran Premio de Montaña da Rúa. /Foto cedida.

 

Trala paréntese do ano pasado (tiñan que suspendelo por cuestións sanitarias), o Atletismo Rúa leva meses preparando a 5ª edición do Gran Premio de Montaña A Rúa Galitiming previsto para o domingo 3 de outubro seguindo un riguroso protocolo Covid e sempre que a situación sanitaria o permita.

Será unha edición especial que por primeira vez puntuará como proba oficial da Federación Galega de Montañismo e contará con 200 deportistas ao cubrirse o cupo aberto pola organización e con varias opcións (ademais o trail, do minitrail e da andaina, este ano incorporan un maratón).

 

 

Con saída a praza Enriqueta Casanova de Fontei, a primeira proba en saír será precisamente o maratón (Copa Galicia absoluta), ás 8:45 horas cun percorrido de 45 km; a seguinte modalidade que sairá ás 9:15 horas será o trail sobre unha distancia de 24 km; e quince minutos despois, sairá a andaina de 15,8 km. A última modalidade. ás 9:40 horas será o mini trail cun percorrido de 16,9 km,  e todas pasarán polos montes da Rúa, saíndo de Fontei e pasando por San Xulián e Roblido para rematar de novo no punto de saída.

Será un gran evento deportivo que contará entre outros con grandes deportistas entre os que destaca o portugués Ruben Veloso Atleta “un dos mellores especialistas da Península Ibérica, que estará presente nos 26K do GPM 2021”, aseguran dende a organización adiantando que en plena preparación para o Mont Blanc desembarcará xa o venres en terras Valdeorresas.

Artigos relacionados

Back to top button