En portadaÚltima hora

O 6 de decembro volverá a Feira de Viloira (O Barco)

A Policía Local controlará entradas e saídas, así como o aforo, e esta decisión tomada polo Concello podería cambiar se varía a situación sanitaria

Imaxe da feira de Viloira (O Barco) neste verán./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras dous meses sen celebrarase pola situación sanitaria, Viloira (O Barco) recuperará a súa feira tradicional o vindeiro 6 de decembro. Así o vén de anunciar o Concello do Barco. “A evolución que se vén producindo desde entón, e que supuxo unha importante diminución do número de casos activos de
Covid-19 no municipio, é unha das razóns polas que se decide agora a súa reanudación, sempre mantendo todas las medidas sanitarias establecidas polas autoridades na materia. En todo caso, esta decisión podería anularse en caso de que cambiara a boa tendencia que se está a rexistrar neste momento”, asegura o Concello.

O recinto feiral está marcado con valados para “establecer sentidos de circulación para os visitantes, con entradas e saídas diferenciadas, co fin de evitar cruces entre as persoas que acudan” ao mercado, segundo adianta o Concello.

Ademais a Policía Local encargarase de establecer as medidas para que se cumpran as normas de seguridade e tamén de controlar a afluencia de persoas ao recinto feiral, cuxas entradas poderían pecharse en algún momento para controlar o aforo.

Dende o Concello tamén se pide aos titulares dos postos que adopten as medidas de seguridade (máscaras, xel hidroalcohólico e distancias) que se marcan para este tipo de actividades comerciais ao aire libre.

Artigos relacionados

Back to top button