DeportesÚltima hora

O 9º Festival Internacional de Xadrez atraerá até Expourense uns 300 xogadores

Celebrarase o 30 de outubro e os participantes chegarán procedentes de Galicia, Castela León e Portugal
Os organizadores da proba, xunto co alcalde e o edil de Deportes, ensinan o cartel da proba. // Foto: S.F.
Os organizadores da proba, xunto co alcalde e o edil de Deportes, ensinan o cartel da proba. // Foto: S.F.

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acollía na mañá do venres 21 de outubro a presentación da novena edición do Festival Internacional de Xadrez, que terá lugar en Expourense o vindeiro día 30. A cita deportiva prevé reunir a uns 300 xogadores, de entre seis e 18 anos de idade, baixo o lema “Deporte e ciencia para a xuventude”. Trátase dunha proba organizada por Expourense coa dirección téncica do Club Xadrez Ourense, que conforma a penúltima puntuable do Circuíto Galego 2016. En total son 15 probas puntuables desputadas entre maio e novembro por toda a xeografía galega, sendo Ourense o punto de peche.

Pese a que xa hai previsións de participación -falan de até 300 xogadores, dos cales 50 deportistas son de ránking internacional- aínda hai sitio para máis. Así, os que desexen sumarse ao reto poderán inscribirse até o día 28 ás 15h. É gratuíto e pode facerse a través da dirección electrónica traxerxadrez@hotmail.com. Os requisitos marcados para poder participar esixen que os deportistas sean nados dende o 1998. Tamén se prevé participación procedente de todas partes de Galicia, Castela León e mesmo Portugal.

En canto ao programa, a competición arrincará ás 11 horas co recibimento dos participantes. As partidas desputaranse durante toda a xornada para rematar contra as 19 h. Media hora máis tarde, será a entrega de premios. Tamén haberá sorteos para todos os participantes e regalo seguro. Os premios serán para os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Máis información a través da web www.xadrezourense.com.

Na presentación da proba participou Emma González, de Expourense, o director da competición, Elías González, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o edil de Deportes, Mario Guede.

Artigos relacionados

Back to top button