CulturaCulturaÚltima hora

O abandono rural reinterpretado dende a vivencia e a práctica, nunha xornada no Courel

"O monte con nome", que terá lugar o vindeiro 28 de maio, é unha das súas xornadas vivencias da iniciativa "O laboratorio Mutante para a Ecoloxía dos saberes"

 

Ponse en marcha “O laboratorio Mutante para a Ecoloxía dos saberes”. Así “O monte con nome” é unha das dúas xornadas vivenciais desta iniciativa cofinanciada pola ONG Axuda en Acción e a Unión Europea no marco dos proxectos 1planet4all e que está promovida pola cooperativa Outonía S. Coop Galega e pola ilustradora Eva Piay.

Esta actividade, que se celebrará o sábado 28 de maio, xirará en torno á re-interpretación do abondono no rural e desenvolverase na contorna da aldea de Parada, en plena Serra do Courel. A iniciativa vertébrase a través de tres accións principais. En primeiro lugar, da man de Marcos Reinoso -biólogo, habitante do Courel e promotor do proxecto Pía Paxaro-levarase a cabo “A paisaxe re-evolucionada”, unha ruta interpretativa que “permitirá entender como o concepto de paisaxesufriu unha evolución a medida que pasaron os anos e se abandonou o campo. Un xeito experiencial de comprender a transformación, a mutación, a re-evolución da paisaxe epolo tanto, a propia revolución da comunidade”, sinalan dende a organización.

Trala andaina, Nuria Vil -poeta, creadora e activista- facilitará un espazo ás participantes a través da súa proposta “Espertar a palabra”, na que a través de diferentes estímulos (fotografías, cheiros, sons…) tratará de alentar a creatividade das persoas participantes para explorar as posibilidades da escrita. “Descubrindo a poesía como un xeito posible de expresión e de representación no cotiá. Reflexionando a través da proposta sobre o abandono, e o xeito que ten a sociedade de interaccionar coa natureza, de consumir e de relacionarse enxeral co medio”, explican os promotores da iniciativa.

Como colofón á xornada, dende a Fundación Uxío Novoneyra -entidade colaboradora co proxecto-realizarase un pequeno percorrido interpretado pola casa do poeta. Unha antiga casa de labranza con orixe no século XVIII, na cal naceu e pasou gran parte da súa vida este autor e onde hoxe se seguen albergando multitude de obras e lembranzas da súa obra e de outras artistas galegas. As inscricións son gratuítas ata completar aforo.

Para máis información: xornadas.inrural@gmail.com

E nas redes sociais de ruralmutante

Artigos relacionados

Back to top button