OurenseSen categorizarÚltima hora

O aceite de oliva Gotas de Abril, medalla de ouro nun prestixioso certame en EE UU

A firma ourensá acada o primeiro posto tras enfrontarse a outros 800 aceites de 27 países
Gotas de Abril posiciónase como o mellor aceite na categoría "coupage" de intensidad e media de sabor.
Gotas de Abril posiciónase como o mellor aceite na categoría “coupage” de intensidad e media de sabor.

O aceite de oliva virxe extra Gotas de Abril, da empresa ourensá Aceites Abril, obtén a medalla de ouro na “New York International Competition Olive Oil”, na categoría “coupage” de intensidade media de sabor. Trátase dun recoñecemento que se enmarca no concurso máis relevante de Estados Unidos (EE UU) no ámbito dos aceites de oliva e un dos máis prestixiosos a nivel internacional, onde o produto ourensán tivo que desbancar a outros 800 aceites de 27 países.

Gotas de Abril é unha liña gourmet de aceite de oliva que elabora a ourensá Aceites Abril con “coupage” das variedades Frantoio, Hojiblanca e Arbequina. O produto camelou ao xurado, que destacou que goza dunha personalidade “intensa e afrutada, idóneo para a mellor cociña”.

A directora de Marketin de Aceites Abril, Elena Pérez Canal valorou este recoñecemento e explicou que “nun mercado tan competitivo como o de Estados Unidos é imprescindible distinguirse con premios e nomeamentos que recoñezan os aceites que destacan polla calidade”.

O aceite de oliva virxe extra Gotas de Abril comercialízase en EE UU en supermercados neoyorquinos das zonas de Brooklyn Harvest, C-Town ou Garden of Eden, ademáis de outros “food services” de Florida. Tamén ten presenza na plataforma de venda Pressed for Olive e pódese adquirir a través de Amazon.

Deste xeito, o mercado estadounidense convértese nun dos principais clientes da firma ourensá, pois en 2015 exportou preto dun millón de litros ao país norteamericano. Ademais, Aceites Abril leva o nome de Ourense por máis dunha trintena de países dos cinco continentes.

Artigos relacionados

Back to top button