ConcellosQuirogaÚltima hora

O aceite de Quiroga, no II Congreso “… E para comer, Lugo no Camiño”

Cata de aceite de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O aceite de Quiroga estará presente no II Congreso “… E para comer, Lugo no Camiño”; iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. O rexedor local Julio Álvarez, facíalle entrega onte a dúas representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) de varias botellas de aceite.

“Un aceite da colleita propia do concello e que, segundo corroboran estudos feitos pola Universidade de Córdoba, a súa alta taxa de polifenoles podería situalo entre os cinco mellores do mundo. Nesta análise o contido total de fenoles (hidroxitirosol, oleaceína, oleocantal, oleuropeína aglicona e ligustrósido aglicona) é de 949 mg/kg. Triplica o límite mínimo que marca o regulamento da UE e a EFSA (Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria) para poder indicar que se obteñen os beneficios para a saúde dos antioxidantes establecido en 250mg/kg”, explican dende o Concello de Quiroga.

Este aceite servirá como confirmou a representante de APEHL, Luisa Cela, para a elaboración dos pratos que se realizarán no II Congreso “… E para comer, Lugo no Camiño” e tamén serviu como agasallo aos participantes na cata do programa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo como antesala do Congreso que se realizaba pola tarde na Parrillada Casa Torres.

Dende a asociación de hostalaría, a través da delegada da zona, Beatriz Vila, recordaron tamén o gran éxito que tivo o noso aceite o pasado ano, cando xunto con outros produtos da provincia, participou nun stand co que a asociación de hostalaría acompañou á volta ciclista a España.

Artigos relacionados

Back to top button