OurenseÚltima hora

O Aceites Abril Ourense comeza a liga cunha vitoria ante o Voleibol Alcorcón

A vindeira semana viaxará ata terras pucelenas para enfrontarse ao Universidad de Valladolid

 

Unha “importante e merecida” victoria fronte a un dos equipos debutantes da competición, o  Club Voleibol Alcorcón, conseguía o Aceites Abril Ourense no primeiro partido da tempada na primeira división nacional feminina de voleibol disputado no polideportivo ourensán de O Pompeo.

Tal como explican dende o club, o comezo do encontro foi “equilibrado con alternancia no marcador ata chegar ao empate a 10 puntos”. A partir de aí  as ourensás tomaron a iniciativa con grandes accións de ataque que decantaron o primeiro set cun cómodo 25 a 19.

No segundo set as madrileñas “saíron como un ciclón” e tomaron vantaxe (0-7) nos primeiros compases. As ourensás no atopaban o ritmo ata que o adestrador fixo debutar na categoría a catro xogadoras do equipo xuvenil que lograron equilibrar o partido ben secundadas por Gladys conseguindo unha incrible remontada ata chegar ao 16-17 no marcador. Nos momentos finais Patri, Kruse e Ana Belén sentenciaron o set con outro claro 25 a 20.

No terceiro e último set as locais rapidamente puxeron terra por medio, cun parcial 8 a 1 que foi insalvable para un equipo madrileño que fixo posible que as xogadoras da canteira volvesen desfrutar de minutos e que o Aceites abril lidere a clasificación.

Na vindeira xornada o conxunto ourensán desprazarase ata terras castellanas para enfrontarse ao Universidad de Valladolid, un dos rivais directos das ourensás que nesta tempada loitarán por manterse na categoría.

Fotos: Club Voleibol Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button